![]() |
Aiax trasladando o corpo de Aquiles. Figuras negras |
![]() |
Aquiles matando a Pentesilea, raíña das Amazonas |
A iconografía da cerámica ática adoita representar a Aquiles na súa faceta de guerreiro barbado, é dicir, adulto, en episodios da súa participación na guerra de Troia. Son especialmente coñecidas as escenas co seu curmá Aiax Telamonio (ou Aiante) xogando no taboleiro ou sendo transportado, morto, ao lombo do Telamonio.
Tamén o vemos en escenas co seu amado e chorado Patroclo, ou maltratando o corpo morto do seu principal rival troiano, Héctor.
![]() |
Aiax e Aquiles xogando ás damas. Ánfora de Exequias, s. V a.C. |
![]() |
Aquiles arrastrando o corpo de Héctor |
![]() |
Aquiles vendando a Patroclo |
|
Tamén o pai de Aquiles, Peleo, encomendou a educación do seu fillo ao vello centauro, logo de que Tetis o abandonara para regresar á casa paterna. Tanto a excepcionalidade da nai como do mestre escollido, anunciaban o destino heroico do rapaz.
Nos vasos áticos, Quirón é fácil de distinguir posto que, como "centauro sabio" que é, tapa con túnica a parte humana do seu corpo mentres deixa nus os cuartos traseiros, a parte animal da súa anatomía.
![]() |
Aquiles co centauro Quirón |
O heroe Aquiles foi tamén moi popular na Arte Romana, onde, tanto en frescos como en mosaicos, se representaban distintos episodios da súa vida dende a infancia con Quirón ata a súa morte en Troia. Especialmente coñecido é este fresco pompeiano:
E aínda en período tardoantigo, en Hispania decorábanse grandes mansións rústicas (as villae) con motivos da vida do heroe, como pode verse nos restos conservados da Villa de Carranque (Toledo, s. IV d.C.; ver aquí os seus mosaicos, con ilustracións da vida do heroe doutras procedencias).
Arte Moderna
O completo proceso de
aprendizaxe do neno Aquiles da man do sabio centauro, non só en artes guerreiras senón tamén en música ou medicina -fixémonos na lira do fresco pompeiano-, serviría
durante o Renacemento e o Barroco para ilustrar a necesidade de educar aos
príncipes.
O neoclasicismo retomará a iconografía dos períodos anteriores (ver aquí a colección de tapices de Rubens) pero resaltando os temas máis dramáticos,
como a cólera do heroe desatada contra a arbitrariedade de Agamenón e as súas consecuencias.
![]() |
Rubens. Morte de Aquiles (s. XVII), co talón atravesado pola frecha enviada por Paris/Apolo; |
![]() |
David. A Ira de Aquiles (1819), contra Agamenón defendendo o seu dereito a Briseida |
Lecturas interesantes, para SABER MÁIS:
Roberto Alejandro. "Aquiles y la anti-política". Revista Cronopio octubre 21, 2013 (en liña: http://www.revistacronopio.com/?p=11508)