xoves, 20 de maio de 2021
xoves, 13 de maio de 2021
Arte Antiga: Escultura Romana
Arte Romana Republicana (209-27 a.C.)
Escultura de tradición itálica (Etruria, Campania, Roma)
![]() |
| Minerva de Sant'Omobono |
"Se
trata de obras realizadas por artistas etruscos de categoría, como los que
según las fuentes acompañaron a Servio Tulio a Roma para emprender su plan de
obras públicas, alrededor del 570 a.C. (Fig. 10). El templo, claramente
relacionado con el poder real de origen etrusco, fue inmediatamente arrasado en los primeros años de la República y no fue reconstruido hasta inicios del siglo
iv a.C., cuando los romanos conquistaron Veyes y Camilo, el general vencedor,
expuso en este recinto los tesoros allí saqueados" (Manual p.320)
![]() |
| Busto suposto de Bruto (Museos Capitolinos) |
![]() |
O relevo histórico
Ara de Domicio Enobarbo (110 a.C.)
Escena de lustrum censorium (purificación con motivo dun censo da poboación: inscrición e suovetaurilia -sacrificio de animais)
"En cuanto a las estatuas que soportaba, en lugar de unas imágenes de Posidón y Anfítrite-que aparecen, junto a su thíasos o cortejo de animales acuáticos, tritones y nereidas, en
los tres lados labrados con el inconfundible estilo de la escuela pergaménica, actualmente se estima que es la base del grupo de Aquiles y Tetis comentado
anteriormente, mucho más acorde con la ubicación de su hallazgo y la cita pliniana de que se trata de una obra de Scopas minor, al igual que el citado Marte
Ludovisi, además del relieve a la romana del cuarto lado." (Manual 375)
![]() |
| Ares ou Marte Ludovisi |
Basílica Emilia
Arte romana altoimperial (27 a.C.-284 d.C.)
O Clasicismo de Augusto
Os retratos de Augusto organízanse en varios tipos relacionados coa evolución do personaxe e dos estilos da súa representación, onde novamente o tipo de peinado delata o momento e/ou o tipo de mensaxe que quere transmitirse:
Tipo Actium: é o Augusto vencedor de Antonio na Batalla de Actium (31 a.C.). Presenta un home novo, co pelo revolto.
Tipo Prima Porta: Representa ao imperator, xeneral dos exércitos (a partir do 27 a.C.). O peinado revólvese
nun flequillo curto en forma de “cola de golondrina” no ollo esquerdo e "garra de león" sobre o dereito. Mostra influencia na pose das escultura grega, e particularmente na anatomía de Policleto (Doríforo). En xeral os seus retratos mostran certa impasividade e idealismo. A súa retratística apenas reflicte o paso do tempo na figura do emperador, que gobernou en Roma máis de 40 anos.
mércores, 12 de maio de 2021
Arte Antiga: Pintura Romana
A pintura mural: orixes, técnica evolución
(Las raíces del arte occidental: arte clásico de Creta a Roma)
Pero a pintura romana máis antiga conservada é un fresco da tumba dos Fabios, no Esquilino, datada ca. 300 ae, de temática bélica, con escenas de guerreiros, ríxidos e pouco coloridos, loitando en diferentes rexistros superpostos, querendo representar episodios das Guerras Samnitas (veciños dos romanos con quen estiveron en guerra durante longo tempo).
Técnica: fresco. Sobre varias capas de morteiro e estuco (esta última de mármore e cal, segundo Plinio, o que lle concedería maior dureza) faise un bocexo e logo aplícanse as cores, mentres a última capa aínda está húmida, pra que as cores penetren na parede. O retoque posterior, sobre a superficie xa seca, denomínase a fresco secco. Cando as cores se disolven en ovo ou en cola, o resultado é o temple.
O lugar no que mellor se conservaron as antigas pinturas romanas foi, obviamente, Pompeia. A súa clasificación en 4 estilos remonta ao século XIX da man de August Mau, ocupando os dous primeiros parte do período republicano: o máis antigo remonta a finais do s. III e chega aos tempos de Sila (anos 80 ae.) e o segundo estilo comeza a finais do s. II.
Iº estilo: ESTRUTURAL ou DE INCRUSTACIÓN, por asemellarse ao opus tectorium pétreo (recubrimento de placas de mármore e outras pedras de diferentes cores), distribuíndose sobre diferentes partes: zócalos, frisos, cornixas, ás veces tamén labrados en relevo, como na Casa Samnita de Herculano, e vemos tamén na Villa dos Misterios de Pompeia.
Trátase dunha decoración que imita recubrimentos parietais coñecidos xa en casas atenienses do s. V, estendéndose logo por todo o mundo helenístico ata chegar a Roma.
O lugar no que mellor se conservaron as antigas pinturas romanas foi, obviamente, Pompeia. A súa clasificación en 4 estilos remonta ao século XIX da man de August Mau, ocupando os dous primeiros parte do período republicano: o máis antigo remonta a finais do s. III e chega aos tempos de Sila (anos 80 ae.) e o segundo estilo comeza a finais do s. II.
Iº estilo: ESTRUTURAL ou DE INCRUSTACIÓN, por asemellarse ao opus tectorium pétreo (recubrimento de placas de mármore e outras pedras de diferentes cores), distribuíndose sobre diferentes partes: zócalos, frisos, cornixas, ás veces tamén labrados en relevo, como na Casa Samnita de Herculano, e vemos tamén na Villa dos Misterios de Pompeia.
Trátase dunha decoración que imita recubrimentos parietais coñecidos xa en casas atenienses do s. V, estendéndose logo por todo o mundo helenístico ata chegar a Roma.
Na imaxe, opus tectorium pétreo nas paredes e opus sectile no pavimento (Villa de Amor e Psique, Ostia, Roma):
IIº estilo: ILUSIONISMO ARQUITECTÓNICO, superpoñendo elementos de arquitectura aparentes sobre paredes de «incrustación».Temos exemplos destes dous estilos na Villa dos Misterios de Pompeia
Estilo I. Estrutural ou de Incrustacións
Como dixemos, simula o uso de opus tectorium empregado na arquitectura («recubrimiento decorativo con placas de pedra, pintura, estuco ou mosaico, empregado para ocultar os elementos estructurais dos muros»).
![]() |
| Villa Ariadna, Estabia (6 km de Pompeia) |
Estilo II. Arquitectónico ou Ilusionista
Introduce arquitecturas pintadas nas paredes pra dar sensación de amplitude mediante a perspectiva, ou abrindo porta e xanelas a un exterior simulado.
A todos estes rccursos súmanse as megalografías: inclusión de grandes escenas de imaxes figuradas a tamaño natural, como a do ritual de iniciación que dá nome á Villa dos Misterios —entendendo «misterios» como coñecemento reservado aos iniciados en certas crenzas relixiosas, neste caso, no culto a Dionisos-Baco:
«29 figuras humanas y divinas comparten un escenario de preparación de un banquete nupcial en el marco de una iniciación a los cultos de Baco, entre los que están presentes los miembros de la familia propietaria de la villa, junto a sátiros, silenos, ménades, paniscos y el mismo Dioniso-Baco»)![]()
Neste estilo as pinturas simulan estruturas ou elementos que dan sensación de amplitude, botando man da perspectiva, con fieiras de columnas, abrindo ventás a un exterior axardinado, etc, e emprega ademais elementos decorativos como cortinas, escudos, animais fantásticos (ver, por exemplo, a Villa de Popea en Oplontis —nas seguintes imaxes—, que parece ter pertencido á familia de Sabina Popea, a segunda muller de Nerón). Con este estilo entramos xa en período imperial, no reinado de Augusto.Dende as últimas décadas da República (s. I ae.) a decoración interior pintada encóntrase xa xeneralizada, tanto en edificios públicos como en residencias de luxo. Dende o reinado de Augusto (27 ae.) impúxose unha nova moda parietal: o II estilo pompeiano ou do ilusionismo arquitectónico dá paso ao chamado III estilo coas decoracións das casas de Augusto e Livia no Palatino.
Entre os testemuños máis antigos están as pinturas da tumba-pirámide de G. Cestius (Roma), datables entre os anos 18-12 ae.Os motivos pictóricos dispóñense ao longo da parede en espazos horizontais e verticais. A zona principal da parede adoita estar dividida en espazos planos, cunha imaxe central, xeralmente vista paisaxística ou tema mitolóxico.Máis representativa é a Villa da Farnesina da familia imperial (ca. anos 20 ae.). A pintura arquitectónica perde realismo, e os elementos sustentantes non semellan columnas senón soportes metálicos (de aí o nome de «estilo de candelabros»).
«candelabro», Villa Agrippa, Boscotrecase
Villa Farnesina
O tema central das paredes das casas da familia imperial consiste nun edículo ou templete que presenta no interior un cadro figurativo, con escenas de paisaxe ou tema mitolóxico. O conxunto das paredes simula unha galería de cadros baixo estruturas arquitectónicas sobre cuxas cornixas aparecen todo tipo de pequenos detalles pintados: acróteras, estatuas, recipientes, adornos colgantes, trípodes, máscaras teatrais, ademais de aves e diversos motivos vexetais (grutescos).A Villa Livia en Prima Porta acabará parecendo toda ela un xardín, ao representarse todo tipo de árbores, grilandas, parterres con flores, plantas trepadoras, etc. (ver aquí)O Estilo III abandona, pois, as grandes representacións arquitectónicas para centrarse nos motivos decorativos (putti ou pequenos cupidos espidos -«amorcillos»-, grilandas, animaliños, etc., que pasarán ao Renacemento co nome de grutesco [de aí grotesco] tras o descubrimento das pinturas da Domus Aurea de Nerón, que permanecían baixo terra (como «en gruta»).A decoración da Villa de Boscotrecase, preto do Vesubio, fixo que a nova moda se estendese ás casas pompeianas, de maneira que o estilo estivo vixente dende o ano 20 ae. ata o 40 de., destacando entre todas as pinturas conservadas tamén as da Casa dos Vetii en Pompeia.Estilo IV. Estilo fantástico (ou «Ilusionismo teatral»)
Na década dos 40 impúxose unha nova moda dende as paredes da Domus Transitoria de Nerón no Palatino. É o IV estilo pompeiano, no que se misturan os motivos de todos os demais estilos anteriores.Esquemas compositivos:
- paneis enmarcados por tapices e cortinas
- combinación de escenas con paneis lisos
- simulación da scaenae frons —fronte escénica— dun teatro (cos seus pisos, con portas, cortinas, telóns e as máscaras dos actores).
Mantéñense os elementos arquitectónicos propios do IIIº Estilo, ao que se engaden unha serie de fantasías, grilandas, cortinas, telóns, máscaras, ademais de escenas mitolóxicas e históricas, dándolle ao conxunto un marcado carácter teatral. Moitas veces a parte inferior decórase coas características placas do Estilo I. Este estilo perviviría ata os tempos de Traxano (98-117)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































