A pintura mural: orixes, técnica evolución
(Las raíces del arte occidental: arte clásico de Creta a Roma)
As primeiras noticias sobre a existencia de pinturas en Roma débense ás fontes textuais: Dionisio de Halicarnaso menciona a Gaio Fabio Pictor, quen tería pintado as paredes do templo de Salus a finais do s. IV ae. Outras pinturas terían sido feitas naqueles tempos por artistas gregos.
Pero a pintura romana máis antiga conservada é un fresco da tumba dos Fabios, no Esquilino, datada ca. 300 ae, de temática bélica, con escenas de guerreiros, ríxidos e pouco coloridos, loitando en diferentes rexistros superpostos, querendo representar episodios das Guerras Samnitas (veciños dos romanos con quen estiveron en guerra durante longo tempo).
Técnica: fresco. Sobre varias capas de morteiro e estuco (esta última de mármore e cal, segundo Plinio, o que lle concedería maior dureza) faise un bocexo e logo aplícanse as cores, mentres a última capa aínda está húmida, pra que as cores penetren na parede. O retoque posterior, sobre a superficie xa seca, denomínase a fresco secco. Cando as cores se disolven en ovo ou en cola, o resultado é o temple.
O lugar no que mellor se conservaron as antigas pinturas romanas foi, obviamente, Pompeia. A súa clasificación en 4 estilos remonta ao século XIX da man de August Mau, ocupando os dous primeiros parte do período republicano: o máis antigo remonta a finais do s. III e chega aos tempos de Sila (anos 80 ae.) e o segundo estilo comeza a finais do s. II.
Iº estilo: ESTRUTURAL ou DE INCRUSTACIÓN, por asemellarse ao opus tectorium pétreo (recubrimento de placas de mármore e outras pedras de diferentes cores), distribuíndose sobre diferentes partes: zócalos, frisos, cornixas, ás veces tamén labrados en relevo, como na Casa Samnita de Herculano, e vemos tamén na Villa dos Misterios de Pompeia.
Trátase dunha decoración que imita recubrimentos parietais coñecidos xa en casas atenienses do s. V, estendéndose logo por todo o mundo helenístico ata chegar a Roma.
Na imaxe, opus tectorium pétreo nas paredes e opus sectile no pavimento (Villa de Amor e Psique, Ostia, Roma):
A finais do s. II prodúcese a transicións cara ao IIº estilo: ILUSIONISMO ARQUITECTÓNICO, superpoñendo elementos de arquitectura aparentes sobre paredes de «incrustación».Temos exemplos destes dous estilos na Villa dos Misterios de PompeiaEstilo I. Estrutural ou de Incrustacións
Como dixemos, simula o uso de opus tectorium empregado na arquitectura («recubrimiento decorativo con placas de pedra, pintura, estuco ou mosaico, empregado para ocultar os elementos estructurais dos muros»).
 |
| Villa Ariadna, Estabia (6 km de Pompeia) |
Estilo II. Arquitectónico ou Ilusionista
Introduce arquitecturas pintadas nas paredes pra dar sensación de amplitude mediante a perspectiva, ou abrindo porta e xanelas a un exterior simulado.



A todos estes rccursos súmanse as megalografías: inclusión de grandes escenas de imaxes figuradas a tamaño natural, como a do ritual de iniciación que dá nome á Villa dos Misterios —entendendo «misterios» como coñecemento reservado aos iniciados en certas crenzas relixiosas, neste caso, no culto a Dionisos-Baco:
«29 figuras humanas y divinas comparten un escenario de preparación de un banquete nupcial en el marco de una iniciación a los cultos de Baco, entre los que están presentes los miembros de la familia propietaria de la villa, junto a sátiros, silenos, ménades, paniscos y el mismo Dioniso-Baco»)
Neste estilo as pinturas simulan estruturas ou elementos que dan sensación de amplitude, botando man da perspectiva, con fieiras de columnas, abrindo ventás a un exterior axardinado, etc, e emprega ademais elementos decorativos como cortinas, escudos, animais fantásticos (ver, por exemplo, a Villa de Popea en Oplontis —nas seguintes imaxes—, que parece ter pertencido á familia de Sabina Popea, a segunda muller de Nerón). Con este estilo entramos xa en período imperial, no reinado de Augusto.
Dende as últimas décadas da República (s. I ae.) a decoración interior pintada encóntrase xa xeneralizada, tanto en edificios públicos como en residencias de luxo. Dende o reinado de Augusto (27 ae.) impúxose unha nova moda parietal: o II estilo pompeiano ou do ilusionismo arquitectónico dá paso ao chamado III estilo coas decoracións das casas de Augusto e Livia no Palatino.
Estilo III. Ornamental (e dos «candelabros»)
|
| Tumba Cestius |
Entre os testemuños máis antigos están as pinturas da tumba-pirámide de G. Cestius (Roma), datables entre os anos 18-12 ae.
Os motivos pictóricos dispóñense ao longo da parede en espazos horizontais e verticais. A zona principal da parede adoita estar dividida en espazos planos, cunha imaxe central, xeralmente vista paisaxística ou tema mitolóxico.
Máis representativa é a Villa da Farnesina da familia imperial (ca. anos 20 ae.). A pintura arquitectónica perde realismo, e os elementos sustentantes non semellan columnas senón soportes metálicos (de aí o nome de «estilo de candelabros»).
|
 | | Villa Farnesina |
|
O tema central das paredes das casas da familia imperial consiste nun edículo ou templete que presenta no interior un cadro figurativo, con escenas de paisaxe ou tema mitolóxico. O conxunto das paredes simula unha galería de cadros baixo estruturas arquitectónicas sobre cuxas cornixas aparecen todo tipo de pequenos detalles pintados: acróteras, estatuas, recipientes, adornos colgantes, trípodes, máscaras teatrais, ademais de aves e diversos motivos vexetais (grutescos).
 |
| Estilo III, Villa Farnesina |
A Villa Livia en Prima Porta acabará parecendo toda ela un xardín, ao representarse todo tipo de árbores, grilandas, parterres con flores, plantas trepadoras, etc. (ver aquí)
O Estilo III abandona, pois, as grandes representacións arquitectónicas para centrarse nos motivos decorativos (putti ou pequenos cupidos espidos -«amorcillos»-, grilandas, animaliños, etc., que pasarán ao Renacemento co nome de grutesco [de aí grotesco] tras o descubrimento das pinturas da Domus Aurea de Nerón, que permanecían baixo terra (como «en gruta»).
A decoración da Villa de Boscotrecase, preto do Vesubio, fixo que a nova moda se estendese ás casas pompeianas, de maneira que o estilo estivo vixente dende o ano 20 ae. ata o 40 de., destacando entre todas as pinturas conservadas tamén as da Casa dos Vetii en Pompeia.
 |
| Polifemo (tema mitolóxico) |
Estilo IV. Estilo fantástico (ou «Ilusionismo teatral»)
Na década dos 40 impúxose unha nova moda dende as paredes da Domus Transitoria de Nerón no Palatino. É o IV estilo pompeiano, no que se misturan os motivos de todos os demais estilos anteriores.
Esquemas compositivos:
- paneis enmarcados por tapices e cortinas
- combinación de escenas con paneis lisos
- simulación da scaenae frons —fronte escénica— dun teatro (cos seus pisos, con portas, cortinas, telóns e as máscaras dos actores).
Mantéñense os elementos arquitectónicos propios do IIIº Estilo, ao que se engaden unha serie de fantasías, grilandas, cortinas, telóns, máscaras, ademais de escenas mitolóxicas e históricas, dándolle ao conxunto un marcado carácter teatral. Moitas veces a parte inferior decórase coas características placas do Estilo I. Este estilo perviviría ata os tempos de Traxano (98-117)
Casa Vettii (Pompeia)
Outros enlaces de interese: